Este martes remata o prazo para inscribise na XV Carreira Popular de Monforte

As rúas de Monforte encheranse de corredores e corredoras o vindeiro domingo, 27 de abril, na edición número 15 da Carreira Popular de Monforte de Lemos, unha cita que reúne cada ano a milleiros de deportistas e que leva xa máis de 900 persoas inscritas nesta edición.
O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 quilómetros para a carreira absoluta, completamente urbano, e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes.
As inscricións nesta cita poderán realizarse ata este martes, 22 de maio, a través da páxina webmonforte10k.com, deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).