Entrega de xoias artesanais á Virxe do Faro na romería do Monte do Faro
O Monte do Faro, en Chantada, foi o escenario da tradicional Romaría do Faro Grande que contou este ano cun acto especial protagonizado pola Fundación da Artesanía da Virxe e a aparición da súa xerente, Elena Fabeiro. Durante a xornada, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, fixo entrega á Virxe do Faro dúas xoias elaboradas no marco dun obradoiro artesanal que pon en valor o traballo dos artesáns galegos e a súa conexión co patrimonio cultural.
O obradoiro denominado Unha xoia para a Virxe do Faro tivo lugar en maio onde se enmarca dentro da exposición O tempo que ficou no olvido, organinzada polo Pazo de Sabadelle coa colaboración do Concello de Chantada e a Xunta de Galicia. Vinte foron as persoas que participaron na creación das dúas pezas que quedarán na ermita do Monte do Faro, un lugar simbólico na frontera entre as comarcas de Deza (Pontevedra) e Chantada (Lugo).
O proceso de elaboración das xoias dirixiuno Susi Gesto, unha ourive compostelá con amplia traxectoria no sector. Habitualmente colabora coa Fundación Artesanía de Galicia impartindo obradoiros en diversos eventos, como o Corazón da Artesanía de Agolada ou Artesanía de Galicia no Courel. En 2023, tamén se incorporou como docente no programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas, impulsado pola Xunta, cuxo obxectivo é a preservación, divulgación e transmisión de técnicas artesanais tradicionais, fomentando a renovación xeracional no sector.
UNHA ROMARÍA QUE IMPULSA A ARTESANÍA GALEGA
Este acto de entrega das xoias non é só un evento relixioso e cultural, senón tamén unha iniciativa que reforza o compromiso do Goberno galego coa posta en valor da artesanía local. Ademais, este tipo de actividades buscan subliñar a importancia do traballo colaborativo no sector da artesanía, favorecendo o intercambio de coñecementos entre xeracións e reforzando o sentido de comunidade.
A Romaría do Faro Grande, coa entrega destas pezas, convértese así nun símbolo da intersección entre a tradición cultural galega e a arte contemporánea, onde as mans dos artesáns continúan tecendo a identidade de Galicia. As xoias quedarán como un legado duradeiro na ermida do Monte Faro, un lugar cargado de simbolismo e devoción, que agora conta con estas creacións froito do esforzo colectivo, vinculadas tanto á fe como á tradición artesanal da rexión.