Elena Candia presenta a lista do PP por Lugo ao Parlamento
Son 14 titulares e 5 suplentes, dos que tan só repiten seis con respecto á anterior lexislatura.
A presidenta provincial, Elena Candia, encabeza unha lista renovada nun 68% ás eleccións do Parlamento de Galicia. A lista está integrada por 14 titulares e 5 suplentes, dos que tan só repiten seis con respecto á anterior lexislatura, e que son: Elena Candia, Cristina Sanz, Raquel Arias, José Manuel Balseiro, Encarna Amigo e Katherinie Varela. O 13 restantes incorpóranse por primeira vez.
Son 10 mulleres e 9 homes con profesións variadas e todos con ampla experiencia en política, ao seren concelleiros en distintos municipios da provincia. Son perfís que, en palabras da presidenta provincial, representan “ao municipalismo e tamén aos distintos sectores, como son o tecido económico, o agrario e mesmo o sanitario”. En definitiva, afirma, “compañeiros moi pegados ao territorio”.
APOSTA POLA MOCIDADE, COMBINADA COA EXPERIENCIA
A lista é “unha aposta pola mocidade, combinada, di, “coa admiración pola experiencia”. Destaca a presidenta de Novas Xeracións de Galicia con 22 anos, que ocupa o posto número 10, e o número 8 con 34 anos. O de maior idade é o ex alcalde de Paradela, José Manuel Mato, que figura no número 5, e acumula tras de si doce maiorías absolutas dende que acadou por primeira vez a alcaldía con tan só 24 anos.
Titulares:
- 1. Elena Candia. 45 anos. Avogada. Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia na última lexislatura e voceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo.
- 2. Javier Arias Fouz. 46 anos. Avogado. Actual delegado da Xunta de Galicia en Lugo.
- 3. Alfonso Villares. 53 anos. Veterinario. Actualmente conselleiro do Mar e ex alcalde de Cervo dende 2007 ata xuño de 2023.
- 4. Cristina Sanz. 53 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura, ocupando nos últimos meses a portavocía de Facenda.
- 5. José Manuel Mato. 69 anos. Ex alcalde de Paradela con 12 maiorías absolutas.
- 6. Raquel Arias. 57 anos. Xornalista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Sober e actualmente vicevoceira no Parlamento de Galicia.
- 7. José Manuel Balseiro. 61 anos. Concelleiro do Partido Popular no Concello de Cervo e deputado no Parlamento de Galicia dende 2005.
- 8. Enrique Barreiro. 34 anos. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de Alcalde no Concello de Friol.
- 9. Encarna Amigo. 66 anos. Reumatóloga no Hospital Lucus Augusti (HULA). Concelleira do Partido Popular no Concello de Cervantes e deputada no Parlamento de Galicia nas últimas dúas lexislaturas.
- 10. Nicole Grueira. 22 anos. Estudante de Ciencias Políticas. Concelleira do Partido Popular no Concello de Pol e presidenta de Novas Xeracións de Galicia.
- 11. Katherinie Varela. 42 anos. Avogada. Concelleira do Partido Popular en Monforte de Lemos e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura.
- 12. José Luis Novo. 66 anos. Tenente de Alcalde de Rábade.
- 13. Alicia López. 44 anos. Técnico agrícola. Concelleira do Partido Popular en Palas de Rei.
- 14. Pablo Figueiras. 49 anos. Avogado. Voceiro do Partido Popular no Concello de Castroverde.
Suplentes:
- 1. Aurora Aida Goás. 61 anos. Médico de Medicina Xeral. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo.
- 2. José Fernández Carrete. 50 anos. Bombeiro forestal. Voceiro do Partido Popular no Concello de Becerreá.
- 3. Miguel Ángel Fernández. 45 anos. Profesor de autoescola. Tenente de Alcalde de Baleira.
- 4. Saray Ventura. 29 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Viveiro.
- 5. Verónica Soto. 51 anos. Empregada xubilada do sector da banca. Concelleira do Partido Popular no Concello de Foz.