Dous atletas da Gándara, de Monforte, estarán no Campionato Nacional

RibeiraSacraXa
Carmen Martínez e Carlos López competirán coa selección galega na modalidade dos 3.000 metros en pista cuberta
carlos lopez a gandara monforte
5 Mar 2021

Dous atletas da Agrupación Deportiva A Gándara, de Monforte, foron convocados coa selección galega para participar no Campionato de España sub-20 en pista cuberta.

Trátase de Carmen Martínez e Carlos López, que competirán na modalidade dos 3.000 metros.

As probas celebraranse esta fin de semana en Antequera.

0.12702178955078