Diego Torres volve ao Club Lemos

O Club Lemos ten xa completa a súa plantilla para esta tempada coa fichaxe do extremo Diego Torres Fraile. O xogador, de 28 anos, inicia a súa segunda etapa no club lemista para loitar co equipo polo ascenso á Terceira División.
O deportista monfortino conta cunha ampla experiencia nas diferentes categorías do fútbol español e tamén do grego, onde chegou a competir na división de prata. Diego Torres xogou nas filas do CP Calasancio, Pontevedra, RC Celta, Montañeros, Kallithea, Aiolikos, Iraklis, Asteras Amaliada, Paiporta, Martina Calcio, Torrent CF e do CD Jávea.