Descubrindo o patrimonio: o Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón

RibeiraSacraXa
A visita ao único mosteiro da Ribeira Sacra que permanece activo supón unha viaxe ao longo de cinco séculos da historia da arquitectura, xa que o conxunto foi erixido en diferentes etapas, conservando os estilos que predominaban en cada unha delas.
mosteiro_santa_maría_de_ferreira_de_pantón1
18 Feb 2024

A visita ao único mosteiro da Ribeira Sacra que permanece activo supón unha viaxe ao longo de cinco séculos da historia da arquitectura, xa que o conxunto foi erixido en diferentes etapas, conservando os estilos que predominaban en cada unha delas.

Lucía Blanco

En Ferreira de Pantón consérvase o único mosteiro da Ribeira Sacra que aínda mantén a súa vida relixiosa. A visita ao conxunto supón achegarse á historia da propia arquitectura, pois como foi construído e reformado en diferentes etapas, conserva a día de hoxe elementos dos distintos estilos arquitectónicos que deixaron pegada no atractivo desta xoia patrimonial.

O convento, tamén coñecido como Mosteiro das Nais Bernardas ou Mosteiro de San Salvador, fundouse no século X, pertencendo nun comezo á comunidade benedictina para logo integrarse no XII na Orde do Císter de Castela. De feito, é o único monasterio cisterciense feminino activo en toda a comunidade. Un dos seus atractivos é o propio recinto que garda a construción, que está rodeada da súa propia muralla.

A portada está flanqueada por dúas torres cilíndricas, unha delas protagonizada pola escultura de San Salvador e outra co escudo da congregación de Castela gravado. A fachada do mosteiro, construída no século XVIII, malia ser de estilo barroco, caracterízase pola súa sinxeleza, seguindo os principios do Císter. Durante a visita, ponde contemplarse imaxes como a escultura en madeira policromada da Virxe co Neno. Trátase dun edificio de dous pisos que garda no seu interior un dos maiores tesouros arquitectónicos do conxunto: o claustro.

Varios sepulcros

O espazo de estilo renacentista, que tamén se pode visitar, data do século XVI e é de dous corpos —un de granito e outro de madeira e pedra—, con arcos de medio punto sobre capiteis alcarreños.  Nun dos laterais encóntrase o sepulcro da condesa Fronilde, viúva do conde de Monterroso, que formou parte da comunidade renunciando aos seus títulos e converténdose en abadesa do mosteiro no século XII. Ao longo da galería tamén se poden contemplar varios restos arqueolóxicos coas súas inscricións.

Da construción románica tan só sobreviviu a igrexa, que se sitúa formando un ángulo recto coa fachada do mosteiro. De planta rectangular, presenta unha soa nave e unha cabeceira semicircular. A entrada non se pode ver, porque está situada na parte na que viven as monxas, polo que se accede a través da entrada lateral. No exterior, mantéñense en perfecto estado os canecillos, que representan a trovadores, a xograres e a soldadeiras.

Destaca pola súa gran riqueza ornamental con decoración de tradición mudéxar, en contra do que marcan os ditados de Bernardo de Clarava, fundador da Orden do Císter. Este feito débese a que a foi erixida antes de que o mosteiro adoptara os principios cistercienses. O altar garda os sepulcros góticos de don Diego de Lemos, líder da Revolta Irmandiña, e o seu fillo. Os numerosos capiteis con decoración vexetal e historiados acabar por completar o encanto deste espazo.

O valor histórico, cultural e artístico predomina no convento de Santa María de Ferreira, declarado de Ben de Interese Cultural. O conxunto, que mestura os estilos neoclásico, gótico e románico, ao ser de clausura, debe visitarse respectando o horario das súas ocupantes, todos os días de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 horas.

mosteiro_santa_maría_de_ferreira_de_pantón

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17532205581665