Descobren un novo xacemento arqueolóxico en Vilarello, na parroquia de Cereixa da Pobra do Brollón
O arqueólogo Rodrigo Paulo Bravos dirixiu unha escavación durante once días nos que se descubriu un xacemento arqueolóxico en Vilarello, localizado nunha lomba na serra de Pinel, parroquia de Cereixa.
Segundo explica o director da intervención, o espazo probablemente fose unha aldea fortificada da Idade de Bronce, un "protocastro" cunha muralla monumental e un gran foxo perimetral.
De confirmarse, e tal como explica Manuel Gago, xornalista e historiador, esta afirmación "é moi novidosa, porque ata o momento os poboados da idade do Bronce escavados en Galicia eran sobre todo aldeas abertas nas que non se observaba ningún tipo de fortificación nin emprazamento estratéxico".
Por iso, o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Manuel Maceda, acudiu ao lugar para comprobar, de primeira man, os traballos que se estaban a facer neste lugar do municipio e déronlle grazas, ademais de ao director da escavación, ao arqueólogo independente Xurxo Ayán Vila e á Asociación veciñal 'María Castaña' de Cereixa "polo gran esforzo por seguir investigando o noso pasado colectivo".