Continúan as obras na Unidade de Atención Temperá na comarca de Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Trabállase nos últimos retoques da segunda planta do edificio multiusos da Ribeira que acollerá a Unidade de Atención Temperá.
servizo atencion tempera antas 2
10 Oct 2021

Trabállase nos últimos retoques da segunda planta do edificio multiusos da Ribeira que acollerá a Unidade de Atención Temperá. Nestes momentos trabállase en pequenos remates de albanelería e na montaxe do mobiliario. Tamén se están decorando as paredes para que o centro sea máis acolledor por os seus usuarios, nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade.

O rexedor local, Julio Álvarez, e a concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez, que acudiron a visitar as obras financiadas pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, calculan que estean rematadas nuns días e que o persoal do Centro de Atención Temperá poida atender aos seus usuarios nestas novas instalacións antes de que remate este mes de outubro.

A Unidade de Atención Temperá nestes momentos da servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao e Sober, e estase pendente de asinar o convenio con outros dous concellos da zona sur: A Pobra do Brollón e Pantón.

Posto en marcha polo Concello de Quiroga con achegas económicas da Xunta de Galicia, serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. Nestes momentos atende a unha trintena de rapaces, pero nun mes este número incrementarase ata 45, posto que hai 15 pendentes de rexistrar – como puntualizou a concelleira de Servizos Sociais-.

A unidade, que mentres non pode utilizar as novas instalacións atende nas instalacións do Centro Social de Quiroga, conta cun equipo formado por tres profesionais: un psicólogo, un logopeda, e un fisioterapeuta; especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.

A atención neste servizo, - ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-, é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo para que os informen de cal é o proceso a seguir.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.2041130065918