Comezou a XIV Reunión da Comisión de Patrimonio da Sociedade Xeolóxica Española en Quiroga

RibeiraSacraXa
A XIV Reunión da Comisión de Patrimonio da Sociedade Xeolóxica Española estase a celebrar esta semana en Folgoso
XIV Reunión da Comisión de Patrimonio da Sociedade Xeolóxica Española quiroga
7 Xul 2022

Catro intensas xornadas, 26 expertos en xeoloxía e máis de medio cento de asistentes chegados dende diversos puntos nacionais pero tamén de Uruguay, Chile ou a India conforman a XIV Reunión da Comisión de Patrimonio da Sociedade Xeolóxica Española (SXE), que se celebra no Xeoparque Montañas do Courel ata este venres día 8 de xullo.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, foi o encargado de abrir este congreso recordando con orgullo que hai dous anos o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos  distinguía ao propio alcalde e ao Xeoparque Montañas do Courel pola súa divulgación, promoción e defensa da xeoloxía como mostra dunha riqueza e un patrimonio cultural importante que hai que poñer en valor. Na súa intervención tamén apuntou que cando se celebran estas xornadas neste territorio será porque o Xeoparque está indo por bon camiño.

Na presentación tamén participaba o responsable da Comisión de Patrimonio Geológico de la  Sociedad de Geología de España, Manu Monge Ganuzas, quen quixo agradecer o Concello a súa estreita colaboración co eido da xeoloxía. Matizou que a decisión de desenvolver esta xuntanza no xeoparque veu da necesidade de achegar a ciencia, o coñecemento e a xeoconservación ao mundo dos xeoparques.

O presidente do Xeoparque Montañas do Courel, Roberto Castro, referiuse ao continuo desenvolvemento dun pequeno espazo que conforman os tres concellos pero cunhas potencialidades e recursos moi importantes que se van incorporando  nun proxecto no que, aínda faltando moitas cousas, sobra ilusión para o seu desenvolvemento.

Conferencias, mesas redondas, numerosas sesións científicas, saídas de campo e actividades socio – culturais conforman o amplo programa desta reunión da Comisión de Patrimonio da Sociedade Xeolóxica Española.

0.24193120002747