Comezan as obras nas cubertas das naves do polbo en Monforte
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou o inicio das obras de mellora das cubertas das naves do polbo do campo da feira de Monforte, que foron adxudicados á empresa Intelga-Mundoor SLU por un importe superior ós 70.000 euros (70.161,85 €). A execución da obra ten un prazo de 1 mes.
O Alcalde destaca que “con esta actuación cumprimos co obxectivo de mellora das cubertas destas dúas naves, non só para proporcionar mellores servizos ás empresas que as utilizan durante os días de feira en Monforte, os días 6 e 24 de cada mes, senón tamén para que poidan ser utilizadas nas óptimas condicións para actividades expositivas e outro tipo de actos que se organicen dende o Concello”.
NECESIDADE DA MELLORA DAS CUBERTAS DAS NAVES DO POLBO
O recinto do Mercado Gandeiro está ubicado no Campo da Feira de Monforte está situado nunha das saídas das que a cidade dispón cara o noroeste, no punto quilométrico 1,8 da estrada LU-P-3202, que une Monforte con Currelos.
Os dous edificios obxecto desta intervención de mellora son de similar tipoloxía, isto é, formados por unha cuberta a dúas augas resolta actualmente con placas de fibrocemento.
As naves sobre as que se actuará son as que se utilizan, durante a celebración das feiras mensuais dos días 6 e 24, para a venta de produtos da zona e para a elaboración e consumo de polbo á feira.
Actualmente ambas naves están construídas cunha estrutura de pórticos “triarticulados” de formigón prefabricado con cerramento de fábrica de bloque de formigón enfuscado exterior e interiormente. Dispoñen de cuberta de placas de fibrocemento dispostas a dúas augas e fincadas sobre viguetas prefabricadas de formigón colocadas sobre os pórticos anteriormente descritos.
A recollida de augas está resolta mediante canlóns e baixantes de PVC que verten directamente á superficie do pavimento ou terreo natural existente.
A nave destinada á venta de produtos gastronómicos ten unhas dimensións exteriores de 21 metros de longo por unha anchura de 16 metros. As vertentes da cuberta teñen unha pendente aproximada do 30 %. No caso da nave destinada á venta e elaboración de polbo, mide 60,15x10 metros, cun 43% de pendente nas súas vertentes de cuberta.
Os traballos que acometerá o Concello nelas será a substitución da cuberta actual destas naves por outra nova cun comportamento térmico máis eficaz, mellorando así a estética e o confort térmico da cuberta da nave.
DESCRICIÓN DA SOLUCIÓN CONSTRUTIVA
Os traballos acometerán a substitución das placas de fibrocemento e placas translúcidas existentes que forman a cuberta actual destas naves por placas de panel sándwich de chapa galvanizada e lacada con alma illante de poliuretano de 3 cm de espesor e tres grecas para unha mellora na daresistencia mecánica fronte a cargas, e con illamento térmico e policarbonato celular translúcido na zona dos lucernarios existentes.
Aproveitase a indicada intervención na cuberta para substituír tamén os elementos do sistema de recollida de augas pluviais, canlóns e baixantes de PVC por outros novos en chapa de aluminio lacado.
Con estas actuacións mellóranse as condicións estéticas das naves e o comportamento térmico da cuberta dos inmobles.
OS DATOS TÉCNICOS DOS MATERIAIS
O material de cubrición: Subministro e montaxe de cobertura de vertentes de cubertas inclinadas, cunha pendente maior do 10%, con paneis sándwich illantes de aceiro, de 30 mm de espesor e 1000 mm de ancho, formados por dobre cara metálica de chapa galvanizada de aceiro, acabado prelacado, de espesor 0,5 mm e espesor interior de 0,5 mm e alma illante de poliuretano de densidade media 40 kg/m3, e accesorios fixados mecanicamente ás correas de formigón existentes. Inclúense remates de cume, bordos laterais e babeiros.
Cobertura de placas translúcidas planas de policarbonato celular de 4 mm de espesor, cunha transmisión de luminosidade do 90%, fixadas mecanicamente sobre o armazón de cuberta existente, con pendente maior do 10%. Incluso accesorios de fixación das placas, perfiles “U” para peche lateral, cinta adhesiva microperforada de aluminio para o selado dos bordes inferiores e superiores das placas e silicona neutra para o selado de xuntas.
Substitución de canalóns e baixantes: Canalón de aluminio anticorrosivo sen soldadura de sección rectangular de 400 mm de desenvolvemento con moldura de cornixa pola cara exterior e fixacións ocultas, fabricado á medida en obra, lacado en color marrón, cobre, burdeos, negra, verde escura, crema, vermella, amarela ou branca, incluído parte proporcional de pezas especiais e elementos de suxeición.
Baixante cadrada de chapa de aluminio prelacado de 0.6 mm de grosor, de 100 mm de lado. Incluído os accesorios, conexións e abrazadeiras necesarios.
EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS
De maneira provisional pecharase a obra cunha barreira provisional modular composta por, paneis galvanizados en quente de 3.5 m de lonxitude e 2 m de altura formado por dous postes tubulares 41.5 mm de diámetro e 1.5 mm de grosor e tea metálica electrosoldada tridimensional de 5 mm de diámetro e dimensións de cuadrícula 22x9 cm, platinas de unión dos postes de aceiro pregado e galvanizado fixadas por medio de rosca e contrarrosca M8 e bases de bloque estable de 38 Kg de formigón reforzado de 72x23.5x16 cm con ocos de encaixe dos postes, considerando 5 usos, montaxe e desmontaxe.
Posteriormente realizarase o desmontado de fibrocemento.Unha desmontaxe de cubrición de placas de fibrocemento con amianto fixadas mecanicamente a estrutura portante en cuberta inclinada, a unha altura menor de 20 m e para unha superficie a desmontar de 50 a 99 m2, i/ plastificado, etiquetado e paletizado cos medios adecuados.
Pasarase ao desmontado de canlóns e baixantes de PVC existentes para posterior colocación de outras novas de aluminio lacado.
A cuberta de panel sándwich nervado de 30mm de espesor e 1100 mm de ancho, formado por unha chapa exterior de aceiro de 0.4mm prelacada con resinas plásticas termoendurecibles con rematado de poliéster siliconado (s/UNE-en 10169-1:2005), illamento intermedio de poliisocianurato (PIR) de 40 kg/m3 de densidade con clasificación ao lume B,s2,d0 e unha chapa interior de aceiro de 0.4mm, prelacada con resinas plásticas termoendurecibles con rematado de poliéster siliconado. Colocada sobre estrutura existente. Mesmo elementos de fixación s/NTE/QTG.
A cuberta formada por placas translúcidas planas de policarbonato, de 4 mm de espesor, fixadas mecanicamente.
As cumieiras de chapa: Cumieira, de desenvolvemento máximo 500 mm e 3 pregados, de prancha de aceiro UNE/FeE3206-FeP026 galvanizado en quente, continuo, prelacado con resinas plásticas termoendurecibles con acabado de poliéster siliconado e pregado, de 0.6 mm de grosor, colocada sobre correas con parafusos , i/pp de recortes e solapes, s/NTE/QTG-9.
Remate lateral: Remate lateral de borde libre de pendente, de desenvolvemento máximo 500 mm e 5 pregados, de prancha de aceiro UNE/FeE3206-FeP026 galvanizado en quente, continuo, prelacado con resinas plásticas termoendurecibles con acabado de poliéster siliconado e pregado, de 0.6 mm de grosor, colocado sobre correas con parafusos , i/pp de recortes e solapes, s/NTE/QTG-11.
O goteirón de chapa é un goteirón, de desenvolvemento máximo 150 mm e 4 pregados, de prancha de aceiro UNE/FeE3206-FeP026 galvanizado en quente, continuo, prelacado con resinas plásticas termoendurecibles con acabado de poliéster siliconado e pregado, de 0.6 mm de grosor, colocado sobre correas con parafusos , i/pp de recortes e solapes, s/NTE/QTG.
INSTALACIÓNS
Canalón de aluminio anticorrosivo sen soldadura de sección rectangular de 400 mm de desenvolvemento con moldura de cornixa pola cara exterior e fixacións ocultas, fabricado á medida en obra, lacado en color marrón, cobre, burdeos, negra, verde escura, crema, vermella, amarela ou branca, i/pp de pezas especiais e elementos de suxeición.
Baixante de chapa de aluminio: Baixante cadrada de chapa de aluminio prelacado de 0.6 mm de grosor, de 100 mm de lado. Totalmente instalada. Incluído pp. de accesorios, conexións e abrazadeira.
O Alcalde concluíu salientando que “dende o Equipo de Goberno seguimos desenvolvendo o noso plan de mellora de infraestruturas urbanas da nosa cidade, neste caso para solventar as deficiencias das cubertas das naves do polbo. Cabe recordar que recentemente tamén levamos a cabo dúas actuacións deste tipo e de gran relevancia, como foron a renovación das cubertas da Praza de Abastos de Monforte, por un importe superior ós 63.000 euros (63.624,16 €) e as do Edificio Multiusos, por máis de 255.000 euros (255.812,85 €), proporcionar así mellores servizos ós nosos cidadáns”.