Comezan as obras de mellora nunha das vías urbanas de Monforte, a rúa Santiago
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca informa do inicio das obras de mellora nunha das vías urbanas da cidade, a rúa Santiago, no Barrio do Casar.
Neste senso, José Tomé, subliñou que esta acción enmárcase dentro da súa folla de ruta como rexedor, que dende 2015 acomete “a mellora do urbanismo da nosa cidade, e por iso nestes últimos 8 anos transformamos todos os barrios de Monforte”. De feito, a rúa Santiago “era case a única rúa periurbana sen asfaltar”.
Para poder levar a cabo as actuacións de rexeneración do firme de dita rúa así como a aliñación da mesma, o Concello adquiriu os terreos necesarios para tal fin. O proxecto de mellora da rúa Santiago, conleva a reposición do seu firme nun tramo de 340 metros lineais por 5,97 metros de ancho medios, o que supón unha superficie de 2.030 metros cadrados.
A este proxecto o Executivo de José Tomé destinou un orzamento de 51.653,11 euros. A obra foi adxudicada á empresa Francisco Gómez y CÍA SL, por un importe de 47.674 euros.
Aliñación da rúa Santiago
O proxecto afecta a unha lonxitude de 340 metros lineais, cun ancho medio de 5,97 metros o, o que supón unha superficie total de actuación de 2.030 metros cadrados.
No tramo central onde a vía é máis estreita, existe un peche dunha parcela que se mete dentro da aliñación que definen os outros peches. Por iso, previo ó inicio das obras, o Concello de Monforte, procedeu a regularizar esa aliñación, ocupando parte desa parcela, en concreto 32 metros cadrados de superficie.
Para iso, ademais, procederase á demolición do peche actual e á construción dun novo. É necesario proceder ao fresado do entroncamento inicial e unha zona na parte central, previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente.
Na parte final, antes do entroncamento coa rúa Chantada, procederase a rebaixar a rasante da vía uns 10 centímetros para evitar a entrada de auga en varias entradas de garaxes alí existentes.
Tamén, na zona central, onde existe un cruzamento dunha acequia de regadío, é necesario proceder a colocar unha laxa de formigón sobre esa acequia (na zona onde non existe) e dúas ramplas a ambos os dous lados para favorecer o paso sobre a mesma. Así mesmo, procederase á apertura de caixa e recheo de zahorra compactada.
Por último, procederase á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente, co posterior recalce das tapas existentes.
Accións concretas
- Apertura de caixa para firme con motoniveladora.
- Compactado e perfilado de caixa.
- Escavación en desmonte e provisión todo tipo terreo.
- Fresado de firme de mestura bituminosa en quente, firme granular asfáltico ou formigón, ata un espesor de 5 cm, varrido e retirada de produtos sobrantes a entulleira.
- Base de saburra artificial compactada.
- Asfaltado do firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado, mesmo rega de adherencia con 1 Kg de emulsión tipo ECR-2, incluíndo regularización ou bacheo previo.
- Recalce de tapas de rexistro con dados de formigón.
- Marca viaria continua / discontinua reflexiva de 12 cm.
- Demolición de peche de bloques, columnas e malla e escavación mini-retro en gabias terreo duro.
- Instalación de contención a través de bloques tipo Castela liso branco 2 caras vistas e malla galvanizada de simple torsión 50/14 de 1,50 metros, con columnas de formigón 15 x 15 centímetros. Levantado e recolocación de porta en peche.