Comeza a XXXII edición da Festa de Caldo de Ósos de Taboada

RibeiraSacraXa
Comezan as actividades da XXXII edición da Festa do Caldo de Ósos, que constituirá unha viaxe pola paisaxe cultural de Taboada, con accións programadas e dando a coñecer a paisaxe cultural do Concello e contorna.
Festa do Caldo de Osos Taboada 3
9 Feb 2024

Comezan as actividades da XXXII edición da Festa do Caldo de Ósos, que constituirá unha viaxe pola paisaxe cultural de Taboada, con accións programadas e dando a coñecer a paisaxe cultural do Concello e contorna.

“É moito máis unha celebración gastronómica: é o elemento unificador que xera nexos entre gastronomía, o territorio e a cultura. É tamén o compromiso coas tradicións locais, unha pegada da identidade de Taboada, que se reflicte a través do cultivo agrícola e da cría do porco, do produto que se emprega, da receita do caldo, e ata das formas de servilo ou consumilo”, sosteñen os organizadores.

A programación destaca o protagonismo do produto, pero tamén das persoas, a visibilización e valorización do acervo culinario, a inclusión do Concello de Taboada na axenda cultural de Galicia, a través do reclamo gastronómico, convertendo a convocatoria en plataforma de promoción de desenvolvemento.

Desta forma, a programación, baixo ese concepto de #maiscaunhafestagastronomica, busca incentivar que a xente pase a fin de semana e ata todo o Entroido en Taboada, que participe das actividades e descubra o Concello e contorna.

O caldo de ósos e a potenciación da gastronomía

O eixo sobre o que xirará toda a actividade será a gastronomía, polo que destacará a Feira porcina, o mercado de produto de proximidade e a exposición fotográfica ‘As pegadas do porco celta en Galicia’ de ASOPORCEL.

Ademais, o caldo de ósos será o protagonista, habendo degustacións gratuíta para todas as persoas asistentes, haberá menú da festa en todos os restaurantes de Taboada, proxectarase o documental ‘O caldo de ósos nas súas mans’ e tamén haberá degustación gratuíta de produtos do porco celta.

Tamén haberá un eixo cultural cunha clase mestra sobre a elaboración de embutidos tradicionais, catas maridaxe de viños da D.O Ribeira Sacra co caldo de ósos e cos produtos do porco celta, exhibición e mostra de  regueifa e brindos e un obradoiro de máscaras con Viravolta ‘Constrúe a túa propia cachucha’.

Música e voces

A festa tamén estará protagonizada por diferentes artistas, músicos, bandas e voces interesantes. Terán lugar nestes dous días as actuacións da  Banda de música de Chantada, os concertos de Tanto nos Ten e De Ninghures e Os Rechouchíos, Folión e Cabezudos.

Ademais, contarase coa presenza de Manolo Gago, a voz elixida para apadriñar o Caldo de Ósos. Gago, importante xornalista e divulgador cultural, vencellado co sector gastronómico e amante do Caldo de Ósos, será  padriño e pregoeiro desta XXXII edición.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18202209472656