Comeza a instalación de cámaras de videovixilancia no Cimar de Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Comeza a instalación de cámaras de videovixilancia no Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana de Ribas de Sil
CIMAR ribasdesil
15 Nov 2022

Estanse a colocar no Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana deste concello varias cámaras de videovixilancia para a súa apertura automática.

O proxecto chámase Museos Vivos e consiste en que unha vez descargada a app correspondiente se poida solicitar a clave de acceso para visitar o museo da Minaría aurífera Romana de San Clodio. Deste xeito, as instalacións permanecerán abertas 24 horas ó día, 365 días ó ano para todos os interesados e interesadas en visitalas.

Estás actuacións son posibles grazas a unha achega da consellería de cultura da Xunta de Galicia que financiou varias inversións tramitadas de xeito conxunto polos tres concellos do Xeoparque Montañas do Courel (Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil).

Unha das inversións en locais culturais do territorio é esta. Dende o Concello de Ribas de sil “agradecen ó GDR Ribeira Sacra-Courel que nos dera a idea a partir dun proxecto de colaboración interrexional de museos vivos de Galicia, Castela e León, Portugal e República Checa”, afirman.

A intención do concello de Ribas de Sil é poder implantar tamén museos vivos no futuro Centro de interpretación do Río Sil, en Torbeo.

camaras ribasdesil
0.19080519676208