Co fin da pandemia descende o número de separacións e divorcios

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia descendeu un 18,5 %.
matrimonio anels divorcio
10 Xuño 2023

O número de demandas de ruptura matrimonial (nulidades, separacións e divorcios) presentadas en Galicia no primeiro trimestre deste ano foi de 1.126, fronte ás 1.381 que se rexistraron no mesmo período de 2022, o que supón un descenso do 18,5 %. No conxunto do Estado a diminución situouse no 10,3 %. Estes datos, do mesmo xeito que os relativos á resolución de asuntos, están condicionados pola folga dos letrados/as da Administración de Xustiza, que se prolongou desde o 23 de xaneiro ata o 28 de marzo, debido a que moitos dos procedementos foron repartidos aos órganos xudiciais, pero non aceptados, polo que non computaron como ingresados.

Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación ao 1 de xaneiro de 2023, obsérvase que, por cada 100.000 habitantes, en Galicia contabilizáronse, no período estudado, 41,7 demandas, fronte ás 47,1 de media estatal.

Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade diminuíron os divorcios consensuados (de 793 a 613, un 22,7 %) e os non consensuados (de 529 a 487, un 7,9 %). Pola súa banda, as separacións consensuadas pasaron de 36, no primeiro trimestre de 2022, a 15, no mesmo período deste ano, mentres que das non consensuadas rexistráronse 10, fronte ás 20 do ano anterior. Entre xaneiro e marzo, ademais, contabilizouse unha petición de nulidade matrimonial.

No primeiro trimestre iniciáronse 123 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 35,3 % menos que nas mesmas datas de 2022. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 475 a 396, un 16,6 % menos.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 208 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 267 do primeiro trimestre de 2022, o que supón un descenso do 22,1 %; e 289 demandas de modificación de medidas non consensuadas (300 o ano anterior), o que representa unha baixada interanual do 3,7 %.

0.18888115882874