Celebran unhas xornadas sobre o papel da muller na historia da provincia na Idade Media
O Museo de Tor acollerá os días 2, 3 e 4 de marzo a terceira edición das Xornadas Pacegas, baixo o título Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor.
A partir das biografías de Catarina de Santiso -asasinada polo seu home, Vasco das Seixas, señor de San Paio de Narla -, María Paz Taboada - última fidalga de Tor, quen á súa morte doou ao patrimonio público o pazo e todo o seu patrimonio moble- e de Constanza de Castro – que resistiu en Caldaloba o asedio dos Reis Católicos –, historiadoras abordarán diferentes cuestións relacionadas coa pegada documental e as fontes no estudo do papel das mulleres na Idade Media.
Persoal dos museos e representantes de colectivos culturais completarán a panorámica falando da necesidade de incorporar o legado feminino á recuperación e posta en valor do patrimonio.
As persoas interesadas en participar nas xornadas deben anotarse no enderezo concertacionsrmpl@gmail.com. A Rede Museística facilitará a asistencia poñendo a disposición dos asistentes un servizo de autobús desde Lugo.
Programa
O xoves, 2 de marzo, trala recepción e benvida a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, comezarán as exposicións que estarán ao cargo de:
- Dolores López da Asociación Carballo Vivo: Experiencia dunha muller activista na conservación recuperación e posta en valor do patrimonio.
- Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María: O papel da sociedade civil na recuperación do patrimonio: o caso de Caldaloba.
- Antón Meilán García, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, autor do libro Dona Constanza de Castro toma a Fortaleza de Vilaxoán: Dona Beatriz e Constanza de Castro, as fillas rebeldes de Pardo de Cela.
- Simón Vicente, auxiliar de sala da Rede Museística Provincial de Lugo: Mulleres serpe, sereas e dragóns: os casos de Tor e Narla.
Venres, 3 de marzo
- Mónica Fernández Armesto, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: Galegas litigantes perante a xustiza senhorial no Antigo Réxime.
- Raquel Iglesias Estepa, doutora en Historia: A conflitividade feminina nas fontes xudiciais do Antigo Rexime.
- Tamara González López, doutora, profesora do Departamento de Historia da UDC: Herdanzas, dotes e mandas: a loita das fidalgas polo patrimonio familiar (ss. XVIII-XIX).
- Ana Sixto Barcia, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: Condenadas ao esquecemento. Os conflitos en torno ás vocacións forzadas na Galicia de época moderna.
Sábado, 4 de marzo, título Soterradas en liña, haberá unha mesa debate sobre a as desigualdes de clase e de ciclos de vida.