Carballedo organiza unha sesión especial de Tai Chi aberta a todas as idades

O Concello de Carballedo ofrecerá o vindeiro martes 25 de novembro unha sesión especial de Tai Chi dirixida ás persoas empadroadas no municipio. A actividade, que se desenvolverá de 20:30 a 22:00 horas, está pensada para todas as idades e non require experiencia previa.
Trátase dunha práctica suave que contribúe a reducir o estrés, mellorar o equilibrio e a mobilidade, ademais de fortalecer o corpo e favorecer a calma mental.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 466 201Desde o Concello animan á veciñanza a participar nesta proposta que convida a desconectar, respirar e coidar de un mesmo nun ambiente tranquilo e saudable.