Branca Villares ofreceu un obradoiro de cantigas de Nadal no Centro de Día da Pobra do Brollón

O Centro de Día da Pobra do Brollón acolleu fai uns días a visita de Branca Villares, cantante, tocadora e experta na música da montaña luguesa, que impartiu un obradoiro de cantigas de Nadal dentro do proxecto 'Cantareiras e cantares', unha iniciativa financiada pola Deputación de Lugo.
Durante dúas horas, Villares falou sobre as tradicións musicais navideñas da comarca e animou ás persoas usuarias a recordar e compartir as cantigas propias das súas vilas. A actividade contou coa interpretación de varias pezas tradicionais, nas que as asistentes participaron cantando e mesmo bailando, creando un ambiente cheo de emoción e ledicia.
Este obradoiro serviu para achegar ao público ao espírito do Nadal a través da música tradicional, contribuíndo á preservación e difusión do rico patrimonio cultural da montaña luguesa.