Bóveda Slam Poetry elixe ao seu representante para o campionato estatal

O pasado sábado, día 31, celebrouse no centro sociocultural de Bóveda a Gran Final do Bóveda Slam Poetry, na que o 'slammer' Xosé Casar, coñecido como Piteira, resultou eixido para representar a Bóveda no XIV campionato estatal de Poetry Slam España, que se celebrará en Lleida os días 18, 19 e 20 de setembro.
Os poetas finalistas nesta edición foron José Antonio García, MeryJaneFunk, Cristina Pérez, Roberto do Pacio, Piteira, Yolanda Alcas e Néstor B. As cuncas de prata e de bronce foron para Cristina Pérez e Yolanda Alcas, respectivamente.
A final contou coa actuación do grupo musical 'Lora Hace Pam', que animou o evento.
Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado. Dende os seus inicios, pasaron por Bóveda máis de 30 poetas, participando nos distintos encontros de poesía escénica.