Bóveda Slam Poetry celebrará a última ronda da clasificación para a gran final o 26 de abril

RibeiraSacraXa
O prazo para inscribirse xa está aberto
encontro-boveda-slam-poetry
Encontro do Bóveda Slam Poetry
7 Apr 2025

Bóveda Slam Poetry abre as inscricións para o V Encontro, que terá lugar o 26 de maio, que será a derradeira ronda da clasificación para a gran final. Os participantes deberán presentar poemas propios de máximo tres minutos e sen atrezzo, de temática libre.

No último encontro, celebrado o pasado sábado, 31 de marzo, o poeta Roberto do Pacio converteuse no cuarto clasificado para a gran final logo de gañar a Cunca de Ouro. Roberto do Pacio sumouse así a Cristina Pérez H, María Barrado García, máis coñecida como MeryJaneFunk, que foi elixida como segunda clasificada para a gran final tras alzarse coa Cunca de Prata na segunda ronda, e a José Antonio García , primeiro clasificado para a gran final, que acadou a Cunca de Ouro no primeiro encontro.

Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado.

Dende os seus inicios, pasaron por Bóveda máis de 30 poetas, participando nos distintos encontros de poesía escénica do Bóveda Slam Poetry que se organizaron até agora. A estes encontros hai que sumar a organización do II Poetry Slam Galiza, no que participaron as e os poetas gañadores das finais das tres sedes de ‘poetry slam’ galegas (Compostela, Carral e Bóveda) da tempada pasada e do que saíu gañador Peter Brea, representando a Poetry Slam Compostela.

⚙ Configurar cookies
0.13723587989807