Bóveda presenta o programa das Letras Galegas 2025

RibeiraSacraXa
Haberá contacontos, teatro e unha exposición o domingo 18 de maio no Centro Sociocultural
boveda-letras-galegas
8 May 2025

O delegación de Cultura do Concello de Bóveda organiza un completo programa de actividades para festexar as Letras Galegas de 2025, que este ano están dedicadas ás cantareiras.

Así, o domingo 18 de maio no Centro Sociocultural terá lugar a inauguración da exposición de fotografía ’10 X 3’, ás 17.00 horas, e ás 17.30 horas será a quenda da presentación do conto ‘Aloia e a súa estraña dor de barriga’, de Ruth Froufe Lagoa.

Para rematar, ás 18.30 horas as persoas asitentes poderán gozar dun espectáculo dirixido ao público familiar titulado ‘Dende Rosalía ata as Cantareiras’, da compañía a Xanela do Maxín.

⚙ Configurar cookies
0.037876844406128