Bóveda participa nunha campaña de loita contra a vespa velutina

O Concello de Bóveda forma parte da campaña de loita contra a vespa velutina posta en marcha pola Xunta de Galicia para combater con máis eficacia este insecto. Neste mes de abril xa se instalaron 54 trampas ao longo de todo o municipio. A instalación foi realizada polo persoal do Distrito VIII, da Dirección Xeral de Defensa do Monte.
Estas trampas serán revisadas cada 15 días para contabilizar as capturas e repoñer o líquido atraente. A Xunta pon a disposición da poboación o teléfono 012, no que se pode notificar o avistamento de niños de velutina para intentar actuar o antes posible.