Bóveda festexa o Día de Rosalía cun proxecto colaborativo
RibeiraSacraXa
'Os tendais de poesía de Rosalía' poderán visitarse ata o 28 de febreiro no Centro Sociocultural, na residencia Domus VI e no CEIP Rosalía de Castro

22 Feb 2025
Bóveda celebra o Día de Rosalía, que se conmemora este 23 de febreiro, cun proxecto colaborativo titulado 'Os tendais de poesía de Rosalía'. A iniciativa parte da Área de Cultura do Concello de Bóveda, en colaboración co CEIP Rosalía de Castro e a residencia Domus VI para persoas con diversidade funcional.
A partir deste sábado, 22 de febreiro, e ata o vindeiro venres, 28 de febreiro, poderán visitarse os “tendais de poesía” elaborados polas persoas usuarias dos centros participantes.