Bóveda continúa este sábado o programa “Familias Corresponsables. Coidado Compartido” no local social de Guntín

RibeiraSacraXa
Trátase dun encontro gratuíto e aberto a toda a veciñanza centrado na reflexión sobre a corresponsabilidade
corresponsables-boveda
12 Sep 2025

O Concello de Bóveda iniciou o pasado sábado 6 de setembro en Rubián, o programa “Familias Corresponsables. Coidado Compartido”, cun encontro aberto ás familias centrado na reflexión sobre a corresponsabilidade.

O programa continuará este sábado, 13 de setembro no local social de Guntín en horario de 11:30 a 13:30 horas. A actividade estará conducida pola educadora social Paula Santos e repetirase na Raíña o sábado 20 de setembro.

A iniciativa, gratuíta e aberta á toda a veciñanza, pretende promover a idea de que coidar non significa só “axudar”, senón implicarse de maneira activa. Trátase dunha sesión práctica e participativa na que persoas adultas, nenos, nenas e adolescentes conversarán sobre os roles de xénero aprendidos e sobre a importancia de que os homes teñan unha maior presenza nas tarefas de coidado. O obxectivo é que cada membro do fogar se recoñeza como parte desa responsabilidade diaria e contribúa ao benestar común.

Entre as dinámicas propostas está “Quen coida aquí? Isto tamén vai contigo”, pensada para abrir o diálogo, cuestionar hábitos e avanzar cara a unha igualdade real a través do coidado compartido.

⚙ Configurar cookies
0.17617511749268