As obras na nova área de pneumonía do Hospital de Monforte contarán cun investimento de preto de 1 millón de euros

RibeiraSacraXa
O Servizo Galego de Saúde xa formalizou o contrato coa empresa adxudicataria, que nas vindeiras semanas comezará as obras, cun prazo de execución de 6 meses
concentracion-hospital-monforte
Hospital de Monforte
12 Feb 2025

A Xunta investirá preto de 1 millón de euros nas obras da nova área de pneumoloxía e dixestivo do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

O Servizo Galego de Saúde vén de formalizar o contrato coa empresa adxudicataria polo que, en cuestión de semanas, se iniciarán as obras. O contrato foi adxudicado por 978.750,85 euros á empresa Proyecom Galicia, S.A.

A actuación desenvolverase na planta baixa do centro hospitalario e abranguerá unha superficie total de 641 m2.. O prazo de execución será de 6 meses.

As obras encádranse no Plan director de reforma integral do Hospital de Monforte, coas que o Executivo galego reestruturará 10.000 metros cadrados para habitar espazos máis amplos, modernos e funcionais, adaptados ás novas necesidades asistenciais.

0.1585328578949