As familias de San Clodio esixen solucións inmediatas para un ensino de calidade no rural
A comunidade educativa do CEIP de San Clodio, en Ribas de Sil, enfréntase de novo á insuficiencia de recursos docentes, unha situación que amenaza á calidade da educación nesta área rural. O pasado domingo, 8 de setembro, celebrábase una manifestación convocada pola AMPA do colexio que percorría rúas de Ribas de Sil co obxectivo de denunciar a falta de profesorado no centro e conseguir uns agrupamentos axeitados ante a urxencia da inminente volta escolar.
Actualmente, a asignación do persoal educativo do CEIP de San Clodio permite a formación de solo dous grupos de primaria, o que deriva na combinación de diferentes niveles educativos nunha mesma aula. Por unha banda atópanse os nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria nunha mesmo grupo e os nenos de cuarto, quinto e sexto noutro. Unha configuración que dificulta a atención personalizada e que limita as oportunidades de aprendizaxe dos nenos.
Debido a esta clasificación, as familias exixen a incorporación de máis persoal educativo, de xeito no que se podan separar aos nenos según o ciclo escolar. É decir, primeiro e segundo de primaria nunha aula, terceiro e cuarto noutra e quinto e sexto de primaria noutro espazo. Unha medida que, según os manifestantes, é esencial para garantizar unha educación adecuada e equitativa.
A pesar das reunións que tiveron lugar en xullo e agosto coa Xefatura Territorial e a Inspección Educativa, aínda non se atopou unha solución efectiva. A Federación de ANPAS dos Centros de Ensino Público da Provincia de Lugo (FAPACEL) expuxo no seu día o malestar das familias polos agrupamentos que se estaban a facer nos colexios públicos, e a dous días do comezo do curso, todavía non hai solución no municipio de Ribas de Sil.
A AMPA do CEIP de San Clodio sinala que, se non se implementan as melloras solicitadas, continuarán coas movilizacións para asegurar unha educación de calidade no entorno rural. Ademais, puntualizan que defender a educación en áreas rurais implica recoñecer e abordar as particularidades e necesidades específicas nestes centros.