A veciñanza de Sober celebrou o magosto esta fin de semana con festas e xantares en varias parroquias

RibeiraSacraXa
Canaval, Lobios ou Proendos gozaron esta fin de semana dunha xornada festiva para celebrar o outono
magosto-proendos
Magosto de Proendos, Sober
3 Nov 2025

Centos de veciños participaron esta fin de semana nas tradicionais celebracións do magosto en varias parroquias do concello de Sober.

En Canaval, o local social acolleu unha festa con gran afluencia de público, que puido desfrutar dunha degustación de panceta, chocolate, bica e das tradicionais castañas asadas, nun ambiente animado pola música.

En Lobios, os veciños tamén celebraron o magosto cunha degustación de caldo, empanada e castañas, nunha xornada amenizada polo Dúo Dilema.

Pola súa banda, en Proendos, centos de persoas xuntáronse no Campo de San Cristovo para participar nun xantar popular que incluíu castañas, paella, carne asada e larpeira. A música estivo a cargo do DJ Rafa, de Radio Monforte, que puxo o ritmo a unha festa marcada pola boa convivencia e o sabor das tradicións de outono.

⚙ Configurar cookies
0.074548959732056