Arredor de 100 nenos e nenas participaron en Taboada no II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar

RibeiraSacraXa
Os participantes desfrutaron este domingo dunha xornada deportiva que se desenvolveu na zona verde que se encontra detrás da Casa do Concello
Cross-escolar-Taboada
5 May 2025

Taboada acolleu este domingo, 4 de maio, unha das últimas probas o II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar.

Arredor de 100 nenas e nenos participaron nesta actividade ao amparo do programa Xogade da Xunta de Galicia. Os participantes desfrutaron dunha xornada deportiva que se desenvolveu na zona verde que se encontra detrás da Casa do Concello.

O circuíto pasou xa por outros concellos veciños como Friol, Pantón, O Saviñao, Sober, Carballedo e Chantada, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre os pequenos da contorna.

⚙ Configurar cookies
0.18282294273376