Alumnado de Quiroga participou do IV Encontro dos Xeopícaros que se desenvolveu no Xeoparque Montañas do Courel

RibeiraSacraXa
No paseo fluvial do río Quiroga os alumnos tiveron a ocasión de participar en talleres de rochas, sedimentos de río, dentes de diferentes animais e pegadas
Xeopícaros-Xeoparque-Montañas-do-Courel
29 May 2024

O Xeoparque Montañas do Courel desenvolveu o IV Encontro dos Xeopícaros dentro das actividades organizadas con motivo da semana dos xeoparques.

Alumnos e profesores dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Quiroga e Ribas de Sil e de 1º e 2º da ESO dábanse cita no Paseo Fluvial do río Quiroga para desenvolver as actividades do proxecto 'A auga é vida' no que este ano traballa o Xeoparque Montañas do Courel.

No paseo fluvial os alumnos tiveron a ocasión de participar en talleres de rochas, sedimentos de río, dentes de diferentes animais e pegadas. O xeólogo Daniel Ballesteros, e Jose Carlos Barrios, membros do comité científico do Xeoparque; un equipo de Xeografía da Universidade de Santiago e unha empresa de interpretación do medio ambiente, xunto cos técnicos dos museos de Quiroga, foron os instrutores desta iniciativa.

Os xeopícaros puideron ver, tocar e aprender as diferenzas entre varias rochas en canto a súa dureza, a textura ou o peso. Armados de lupas, descubriron diminutos animais entre os lodos das augas e que son indicativos da súa pureza e aprenderon a distinguir animais carnívoros, herbívoros ou omnívoros a través dos seus dentes.

Unha xuntanza anual moi produtiva, pero tamén de diversión e convivencia entre os distintos alumnos dos colexios do Xeoparque Montañas do Courel.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1912100315094