Afamon e o Concello de Folgoso do Courel organizarán unha serie de obradoiros de memoria entre marzo e xuño

O Concello de Folgoso do Courel, en colaboración con Afamon Monforte, pon en marcha unha serie de obradoiros de memoria destinados a persoas de 50 anos ou máis que non presenten un deterioro cognitivo significativo e que queiran potenciar a súa autonomía.
As actividades desenvolveranse semanalmente desde o 4 de marzo ata o 25 de xuño. Os obradoiros terán lugar os mércores ás 15:30 horas en Seoane e ás 17:30 horas en Folgoso, cunha duración dunha hora e media por sesión.
As persoas interesadas poden inscribirse de xeito presencial no Concello de Folgoso do Courel ou chamando ao teléfono 982 433 001, en horario de 08:00 a 15:00 horas.
Estes obradoiros buscan ofrecer aos participantes ferramentas e exercicios para manter e mellorar a memoria, fomentando ao mesmo tempo a autonomía e a participación activa na vida comunitaria.