Aberto o prazo para participar no III Concurso de Poesía de Medo de Bóveda

RibeiraSacraXa
Está aberto a persoas de todas as idades que poden presentar as súas propostas ata o 31 de outubro
concurso-poesia-samain-boveda
21 Oct 2025

A Axencia de Lectura do Concello de Bóveda ten aberto o prazo para participar no III Concurso de Poesía de Medo, unha das actividades programadas para conmemorar o Día das Bibliotecas. Os traballos poderán presentarse ata o 31 de outubro.

A temática do concurso abarca o medo, o terror, o magosto, o Samain ou crenzas galegas relacionadas coa morte e os defuntos. Para favorecer a participación de todas as idades, establécense catro categorías, a partir dos 6 anos en adiante.

O xurado estará composto por escritores e escritoras, así como por persoas especializadas na materia, que emitirán o fallo durante o mes de novembro.

O Concello anima á veciñanza a participar neste concurso e a compartir a súa creatividade literaria nunha iniciativa que combina tradición, cultura e lectura.

⚙ Configurar cookies
0.070965051651001