Aberto o prazo para participar na XXI Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda organiza unha nova edición da Feira Outrora, que este ano celebra a súa vixésimo primeira edición e que se levará a cabo arredor do adro da Igrexa do Ecce Homo, en Rubián, así coma na pista deportiva e nas rúas lindeiras.
Os postos de venda abrirán de 10.30 a 21.00 horas, inda que a organización advirte de que os horarios poderían ser modificados segundo a afluencia de xente.
Poderán participar postos de artesanía, gastronomía, restauración e comercio, que xa poden presentar as súas solicitudes. O prazo estenderase ata o 13 de xullo, día que comezarán a montarse os distintos postos. Os interesados en participar poderán solicitar máis información a través do teléfono 982 426 006.
A XXI Feira Outrora organizada polo Concello de Bóveda terá lugar o venres, 14 de xullo, na parroquia de Rubián, arredor