Aberto o prazo de reservas para as rutas en catamarán pola Ribeira Sacra da Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa
A nova tempada comezará o 22 de marzo e estenderase ata finais de ano
catamaran-ribeira-sacra
Catamarán da Ribeira Sacra
4 Feb 2025

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo de reservas para as rutas fluviais pola Ribeira Sacra, unha das principais ofertas turísticas da provincia. A tempada 2025 dará comezo o 22 de marzo e prolongarase ata finais de ano, con percorridos que permitirán ás persoas visitantes gozar das impresionantes paisaxes do Canón do Sil e do Cabo do Mundo.

Os billetes poden adquirirse a través da web reservas.rutasembalses.es, onde se ofrece información en tempo real sobre horarios, tarifas e dispoñibilidade das rutas. A plataforma tamén permite modificar reservas e consultar detalles adicionais de forma sinxela e rápida. A Deputación especificou que non se aceptarán reservas por teléfono nin por correo electrónico.

Un éxito consolidado

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou a consolidación destas rutas, que en 2024 foron desfrutadas por máis de 61.000 persoas. “Mantenemos estes dous percorridos porque o éxito do servizo é innegable e o seu impacto económico na provincia é moi positivo”, afirmou.

García Porto subliñou que as rutas fluviais da Ribeira Sacra non só ofrecen unha experiencia turística única, senón que tamén representan un motor económico para a comarca, fomentando o turismo e a dinamización das economías locais.

Ademais, a web habilitada pola Deputación permite consultar a normativa vixente e acceder a tarifas especiais para colectivos como mocidade, estudantes, persoas xubiladas, persoas en situación de desemprego e familias numerosas. As crianzas de ata tres anos poderán viaxar de balde.

Para calquera consulta, a Deputación habilitou os canais de atención ao público a través do teléfono 982 260 196 e do correo electrónico catamaranes.turismo@deputacionlugo.org, en horario de 9.00 a 14.30 horas. A partir do 17 de marzo, o horario ampliarase ata as 20.00 horas.

Rutas e horarios

Nesta nova tempada manteranse os dous percorridos tradicionais a Ruta Fluvial Canón do Sil con saída dende o embarcadoiro da Deputación en Ponte do Sil en Monforte de Lemos e unha duración aproximada de dúas horas e a Ruta Fluvial Cabo do Mundo que parte de Belesar Pobo no Saviñao e percorre o río Miño durante unhas dúas horas.

A Ruta Canón do Sil contará con dúas embarcacións o catamarán Mencía con 107 prazas e o monocasco Canón do Sil con 53 prazas mentres que a Ruta Cabo do Mundo disporá de 63 prazas no catamarán Pelegrín.

O calendario de saídas comezará en marzo con rutas os días 22 e 23 e 29 e 30 en horarios de 11:30 e 16:00 horas en abril con motivo da Semana Santa haberá servizo ininterrompido do luns 14 ao domingo 16 con saídas no Mencía ás 11:30 e 17:00 e no Canón ás 11:00 e 16:30 o resto do mes os catamaráns navegarán de mércores a domingo na Ruta Canón do Sil mentres que na Ruta Cabo do Mundo haberá viaxes as fins de semana.

En maio as rutas estarán dispoñibles de mércores a domingo con saídas ás 11.30 e 16.30 e na festividade do 1 de maio habilitaranse horarios especiais con saídas ás 11.30 e 17.00 no Mencía e ás 11.00 e 16.30 no Canón do Sil en xuño xullo agosto e setembro as rutas operarán todos os días da semana en horario de mañá tarde e noite mentres que a partir do 1 de outubro pasarán a funcionar de mércores a domingo en novembro só estarán dispoñibles as fins de semana.

No caso da Ruta Cabo do Mundo en xuño haberá viaxes as fins de semana con tres frecuencias diarias en xullo agosto e setembro o servizo estará dispoñible todos os días en outubro as saídas limitaranse ás fins de semana e os días 8 9 e 10 en novembro manteranse as fins de semana con horarios de 11:30 e 16:00 e en decembro as saídas estarán dispoñibles do 1 ao 8 cos mesmos horarios.

A Deputación de Lugo agarda que esta nova tempada manteña o éxito dos anos anteriores consolidando as rutas en catamarán como unha das principais atraccións turísticas da provincia e reforzando o impacto económico positivo na Ribeira Sacra.

 

0.17204904556274