Aberto o prazo das axudas para asociacións das reservas da biosfera

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Con esta liña de subvencións, por importe de 110.
actividade recuperacion reservas biosfera
22 Feb 2024

Con esta liña de subvencións, por importe de 110.000 euros, a institución provincial apoia proxectos de entidades sen ánimo de lucro que poñen en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, e contribúen así á súa dinamización social e económica. As peticións poderán presentarse ata o día 13 de marzo.

A Deputación de Lugo abriu este xoves o prazo de solicitude das axudas por un importe de 110.000€ que convocou para apoiar a actividade das entidades asociativas sen ánimo de lucro que estean asentadas ou que teñan o seu ámbito de actuación no territorio das reservas da biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, xestionadas pola institución provincial.

En concreto, poderán recibir subvención as entidades asociativas sen ánimo de lucro que desenvolvan actuacións e proxectos vinculados ao medio ambiente e ao rural que poñan en valor o patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios, e que contribúan así á súa dinamización social e económica.

As solicitudes poderán formularse ata o vindeiro 13 de marzo, incluído, enviando os modelos oficiais xunto coa documentación precisa a través da sede electrónica da Deputación, ou ben de calquera dos restantes rexistros electrónicos aos que se refire o artigo 16.4 da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As asociacións interesadas poden consultar toda a información sobre as bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de onte, 21 de febreiro, e tamén na páxina web da Deputación (www.deputacionlugo.gal)

Como nas catro pasadas edicións, esta convocatoria de axudas inclúe dúas liñas de actuación. Unha dotada con 60.000 euros para actividades na Reserva da Biosfera Terras do Miño; e outra, por un importe de 50.000 euros, para actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. Novamente, os beneficiarios poderán obter entre 1.000 euros e 7.000 euros por cada proxecto e como novidade, a Deputación amplía o prazo para presentar solicitudes, que é de 15 días hábiles.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1747989654541