A Xunta e o Concello de Bóveda avanzan na posta en valor da contorna do río Mao

RibeiraSacraXa
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, José Manuel Arias, avaliaron o proxecto municipal para habilitar unha área de lecer nesta contorna fluvial
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, nun encontro co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, nun encontro co alcalde de Bóveda
15 Nov 2024

A Xunta de Galicia e o Concello de Bóveda van estudar vías de colaboración para o acondicionamento e posta en valor da contorna do río Mao.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, José Manuel Arias, avaliaron o proxecto municipal para habilitar unha área de lecer nesta contorna fluvial, que se localiza preto do núcleo urbano e nas proximidades do centro educativo, a casa da cultura e o pavillón polideportivo.

Segundo lle trasladou o rexedor á conselleira, o obxectivo desta iniciativa é ofrecer a veciñanza e visitantes un espazo natural de desfrute colectivo. Pola súa banda, Ángeles Vázquez explicou que o persoal técnico de Augas de Galicia analizará a memoria valorada que remitirá o concello para valorar posibles vías de actuación.

0.18455791473389