A Xunta e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoian o festival Carude Rock de Monforte e a súa aposta polos grupos galegos

RibeiraSacraXa
A Xunta, ademais do apoio económico ao festival, instalará o sábado na Praza de Carude unha foodtruck da campaña Galicia Sabe Amar
presentacion-ccarude-rock
Presentación do Carude Rock
7 Aug 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este mércores na presentación da oitava edición do festival Carude Rock, que se celebrará os días 8 e 9 de agosto en Monforte de Lemos, con cinco concertos gratuítos e actividades paralelas.

Durante o acto, Arias destacou a implicación do Goberno galego con esta iniciativa cultural “para respaldar a súa aposta pola promoción de grupos galegos”, sinalando o valor que ten o evento como plataforma para a música local e como dinamizador do barrio de Carude.

A Xunta, ademais do apoio económico ao festival, instalará o sábado na Praza de Carude unha foodtruck da campaña Galicia Sabe Amar, que ofrecerá, entre as 20:00 e as 00:00 horas, degustacións gratuítas de tapas elaboradas con peixes e mariscos galegos.

No que respecta ao cartel musical, o venres subirán ao escenario a banda A Pelo, cun tributo a Platero y Tú, grupo homenaxeado nesta edición; 7Rojo, con versións de grandes clásicos do rock; e os coruñeses Tregua. O sábado será a quenda de Doc Magoo’s, que repasarán clásicos do rock dos anos 60 e 70, e Sintrom Ni Son.

Javier Arias valorou positivamente a evolución do evento, sinalando “o traballo realizado polos organizadores para consolidar este evento e convertelo nun atractivo turístico que dinamiza o barrio de Carude e diversifica a oferta cultural da comarca”.

⚙ Configurar cookies
0.17353391647339