A VII Night Run de Quiroga desenvolverase o vindeiro sábado, 6 de xullo
RibeiraSacraXa
A carreira contará con dúas modalidades, unha competitiva e unha non competitiva, saíndo ás 22.30 horas nos dous casos
29 Xuño 2024
O vindeiro 6 de xullo desenvolverase a VII Night Run de Quiroga, unha carreira que combina senderos con asfalto, e paso polos dous paseos fluviáis do Val de Quiroga e Ribas do Sil.
A proba contará con dúas distancias, unha de 10 km de carreira competitiva e unha andaina de 6 km non competitiva.
Así, a saída para comezar calquera das dúas polas persoas participantes será ás 22.30 horas desde a praza Rúa Lago e rematarase unha hora despois na mesma praza.