A veciñanza de Ribas de Sil desfrutou da función ‘Expectativa lonxana’, de Nova Escena Teatro

A programación das Tardes de Teatro continuou este sábado en San Clodio coa segunda xornada do ciclo. Nesta ocasión, o grupo lucense Nova Escena achegouse ao Concello de Ribas de Sil para representar ‘Expectativa lonxana’, unha comedia dirixida por María Márquez e escrita por Anxo C. Laxe.
A obra presenta a varias mulleres que coinciden nun parque e comparten, en clave humorística, o que buscan nunha persoa para acadar a súa relación ideal. Entre risas, o público puido seguir unha reflexión sobre o comportamento humano e as novas formas de interacción social.
O función foi todo un éxito entre a veciñanza, que seguirá gozando do teatro o vindeiro 22 de novembro coa representación de ‘A carreira de Manuel’, de Cañola Teatro.