A veciñanza de Chandrexa de Queixa gozou da tradicional degustación de cordeiro ao espeto

RibeiraSacraXa
Música, gastronomía e tradición protagonizaron esta fin de semana unha xornada de convicencia que reuniu a numeros veciños e visitantes
festa-do-cordeiro-ao-espeto-chandrexaa-de-queixa
XIV Festa Gastronómica do Cordeiro de Chandrexa de Queixa
8 Sep 2025

Chandrexa de Queixa acolleu este domingo a XIV Festa Gastronómica do Cordeiro, un evento que reuniu veciños e visitantes arredor da tradición e da gastronomía local. A xornada incluíu a tradicional degustación de cordeiro ao espeto, un xantar popular e actuacións musicais, convertendo a cita nun punto de encontro para a veciñanza, visitantes e produtores locais.

Dende o Concello descaron que, a pesar da lembranza dos incendios recentes, non se deberían paralizar as xuntanzas e tradicións, e agradeceu a participación de todos os implicados na organización: Protección Civil, quen elaborou e asou o cordeiro, preparou a empanada e a bica, xestionou o servizo de restauración e animou a festa coa música do dúo e da orquestra.

Na xornada estiveron presentes o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Os responsables autonómicos subliñaron a importancia destas celebracións para dinamizar a economía local, promocionar os produtos agroalimentarios galegos e reforzar o potencial do rural galego, tanto para atraer poboación como para xerar nova actividade económica.

⚙ Configurar cookies
0.164794921875