A Valedora o Pobo pide solucionar a cobertura das prazas vacantes de atención primaria en Chantada

RibeiraSacraXa
A plataforma veciñal Chantada Quere Sanidade denunciou ante este organismo a falta de persoal no Centro de Saúde de Chantada
centro-saude-chantada
Centro de Saúde de Chantada
17 Dec 2024

A plataforma veciñal Chantada Quere Sanidade segue traballando a prol dunha atención sanitaria pública, digna e universal na comarca de Chantada, así como por un Hospital Comarcal de Monforte de Lemos que teña dotación de persoal axeitada de suficiente para a poboación da área.

Unha das accións que desenvolveu, ademais das grandes mobilizacións que impulsamos no seu día, foi a incoación dun expediente diante da Valedora do Pobo, que se resolveu recentemente. “Desde Chantada Quere Sanidade no seu momento denunciamos a grave situación que viviu o Centro de Saúde de Chantada, pois non contaba co persoal médico nin de enfermería dabondo para dar resposta a unha poboación de preto de 8.000 habitantes, cifra aínda maior se falamos daatención de urxencias”, explican.

Concretamente, a Valedora do Pobo indícalle á Xunta que “sería preciso avanzar na procura de mecanismos que permitan solucionar a cobertura das prazas vacantes e ausencias xustificadas en atención primaria no ámbito rural”. Ao tempo,María Dolores Fernández Galiño advirte que tamén é mester “reforzar os mecanismos de información á poboación de xeito que, os doentes coñezan as diferentes opcións dispoñibles no caso de que poidan atopar problemas de acceso á asistencia sanitaria orixinados pola falta de profesionais sanitarios que permitan cubrir as prazas vacantes e ausencias xustificadas nos seus centros de saúde”. En outras palabras, explican dese Chantada Quere Sanidade, non poden ser os pacientes e administrados os que paguemos as consecuencias da deficiente xestión da Xunta en materia sanitaria.

Estas conclusións chegan após a análise da documentación achegada pola plataforma, onde demostrouse que das seis prazas de facultativos de atención primaria do centro de saúde en cuestión, dúas prazas estiveron vacantes, unha porxubilación e outra por excedencia da titular da praza, ao que se sumou no mes de xaneiro algunha ausencia por permisosregulamentarios. A Valedora lembra que xa ten trasladado a esa consellaría noutras ocasións a necesidade de coordinación ente as distintas institucións con competencias na materia para intentar resolver este problema de déficit estrutural de profesionais especializados.

Concretamente, ten feito as seguintes propostas: axustar as prazas universitarias de formación e as prazas vía MIRhospitalarias e vía MIR nos centros de saúde coas necesidades reais de persoal cualificado da administración sanitaria, informar sobre as virtudes da especialidade de medicina familiar a nivel das universidades co obxecto de facer esta especialidade médica máis atractiva para os estudantes de medicina, reforzar especialmente a formación continuada noeido da atención primaria, e desenvolver un programa de incentivos entre os facultativos que permita cubrir as prazas desertas de difícil cobertura.

Por outro lado, en canto a situación descrita, “resulta imprescindible que se facilite información sobre todos os recursos asistenciais dispoñíbeis á poboación afectada por estas vacantes non cubertas, recursos asistenciais que atinxen ás consultas ordinarias no centro de saúde, mais tamén as urxencias que poidan xurdir ao carecer dun profesional facultativo de referencia que poida dirixir a atención sanitaria nestes casos de xeito que, se garanta o dereito dos doentes a protección da saúde en condicións de igualdade ao resto de usuarios do Servizo Galego de Saúde”, sinalan dende Chantada Quere Sanidade.

Finalmente, a Consellaría de Sanidade ten o prazo dun mes para aceptar a resolución formulada e para explicar as medidas adoptadas para darlle cumprimento, de acordo do artigo 32.2 da Lei 6/1984, do 5 de xuño, da Valedora do Pobo. Estas cuestións, amdeais, serán integradas no informe anual ao Parlamento de Galicia que emite a Valedora con especificación das suxestións ou recomendacións admitidas pola administración pública galega.

⚙ Configurar cookies
0.20361685752869