A UNED Sénior chega por primeira vez a Monforte de Lemos coa súa oferta de formación para maiores

RibeiraSacraXa
A materia ofertada no concello será “Unha aproximación ao patrimonio histórico na Ribeira Sacra” e o prazo de matrícula abrirá este sábado
Uned-senior-Lugo
Imaxe dun curso da UNED-Senior
26 Sep 2025

Por primeira vez, o programa UNED Sénior estará dispoñible en Monforte de Lemos, permitindo aos maiores do sur da provincia acceder a cursos culturais, científicos e sociais sen necesidade de titulación previa. A materia ofertada no concello será “Unha aproximación ao patrimonio histórico na Ribeira Sacra”, que se impartirá os martes de 17:30 a 19:30 horas.

A UNED de Lugo abre mañá, 27 de setembro, o prazo de matrícula para este programa dirixido a persoas maiores de 55 anos, e o período de inscripción permanecerá aberto ata o 26 de outubro de 2025.

O curso desenvolverase entre a semana do 13 ao 17 de outubro de 2025 e febreiro de 2026, cun prezo de 50 € por materia, e cada materia contará cun máximo de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.

Con esta iniciativa, a UNED Sénior amplía tamén a súa oferta en Lugo, engadindo unha nova materia, e mantén actividades en Sarria e Viveiro, ampliando así a cobertura formativa para toda a provincia.

⚙ Configurar cookies
0.093254804611206