A UNED de Lugo e Diaconía programan un grupo de encontro pola convivencia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A actividade consiste en grupos de encontro social entre as persoas autóctonas e as migrantes co obxectivo de intercambiar problemáticas
Grupo de encuentro Com Diversa 2_uned
10 Apr 2022

A UNED de Lugo e Diaconía España anunciaron a posta en marcha dos grupos de encontro pola convivencia. Un acordo de colaboración que permite a continuación dos Grupos de encontro, entre persoas autóctonas e persoas migrantes, co obxectivo de fomentar o contacto intercultural e intercambiar problemáticas e situacións de discriminación vividas. Un espazo de reunión o que se busca crear, de forma conxunta, posibilidades de resolución sobre as diferentes dificultades de inclusión social, cultural e laboral que experimentan algunhas persoas.

Os denominados Grupos de encontro enmárcanse na acción social que Diaconía España desenvolve a través da súa Área de Migracións e o programa Comunidade Diversa; unha iniciativa destinada a mellorar a convivencia entre persoas autóctonas e de orixe migrante de diverso perfil; entre os que se poden atopar veciños, estudantes, traballadores e a sociedade en xeral.

O mércores 20 de abril iniciaranse estes encontros, que levarán a cabo cada 15 días, na sede da UNED de Lugo ás 16:00 horas. O primeiro deles abordará a situación das persoas refuxiadas e as migracións forzadas no contexto das crises humanitarias, como foi provocada en días recentes pola a invasión de Rusia en Ucraína.

Estes espazos de convivencia supoñen unha posibilidade de coñecemento sobre a realidade das persoas solicitantes de asilo e protección internacional en www.diaconia.es, e en específico sobre aquelas persoas e familias que chegaron á cidade de Lugo. A través do traballo que desenvolve Diaconía España púidose constatar que a miúdo o contacto coa comunidade de acollida faise difícil, en parte, debido aos estereotipos e á falta de coñecemento sobre outras realidades sociais e culturais; por iso, desde a organización destacamos a importancia de fomentar estes espazos de encontro para poñer sobre a mesa as dificultades de compresión mutua, e, sobre todo, para buscar entre todas as persoas diferentes opcións de solución.

Ao longo de 2021 desenvolvéronse diferentes actividades nos Grupos de encontro, que tiveron lugar cada quince días na Residencia Universitaria Abeiro. Nestes espazos de intercambio asistiron persoas de diferentes sectores, como representación da poboación en Lugo. Os grupos estiveron conformados por persoas migrantes e refuxiadas, profesionais do terceiro sector, así mesmo por persoas autóctonas de profesións diversas como médicos, profesores e xubilados, entro moitas máis. Unha experiencia que demostrou o interese real que existe por abordar o coñecemento da realidade social que nos rodea e por cambiar a percepción que se ten sobre as persoas migrantes e/ou refuxiadas que habitan na cidade. A media de asistencia a estes grupos é de ao redor de 15 a 20 persoas por sesión.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14053201675415