A UNED abre a matrícula para as III xornadas sobre feminismo

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo celebra a terceira edición das Xornadas Aprendendo Feminismo. Xa está aberto o prazo de matrícula.
uned lugo
3 Mar 2022

A UNED de Lugo celebra de novo a terceira edición das Xornadas Aprendendo Feminismo, que terán lugar en formato on line ou presencial do 23 ao 30 de marzo e para as que xa está aberto o prazo de matrícula.

Estas III Xornadas Aprendendo Feminismo: Feminismo e Educación: Que se está facendo? centraranse na cuestión da igualdade no ámbito educativo. Así se analizará a situación actual da muller no ensino, expóndose medidas para alcanzar esa igualdade. Pero tamén, avanzarase na difusión da historia do feminismo e das grandes figuras femininas da Historia, como é propio destas xornadas. Algunhas delas, grandes mulleres galegas, como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal.

A lexislación actual, no noso país contempla a igualdade e prevé instrumentos funcionais para conseguila, que na maior parte dos casos non se están cumprindo. Consideramos que conseguir a igualdade real e efectiva, así como promover a equidade entre mulleres e homes involucra a toda a sociedade.

Participarán nelas: María del Mar Carballo Cela, profesora de Filosofía en Secundaria en IES Lucus Augusti de Lugo; Felisa Redondo Valín, profesora de Lingua Castelá e Literatura e de Igualdade de Xénero en IES Ánxel Fole de Lugo; Mª Carmen Díaz Simón, profesora Secundaria xubilada. Presidenta do Foro Feminista de Lugo; Luisa
Grandío de Fraga, profesora xubilada de Secundaria de Inglés, membro Foro Feminista de Lugo; Eva María Teijeiro Suárez, docente de Lingua Castelá e Literatura en IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz; Fátima Pérez Calderón, profesora xubilada de Secundaria de Francés, membro Foro Feminista de Lugo; Consuelo Rodríguez Prieto, orientadora de Secundaria, responsable da Asemblea de Mulleres do STEG; Alba Díaz Fernández, mestra de ensino público e pertence á Asemblea de Mulleres do STEG; Dolores Varela Salgueiro, profesora xubilada de Lingua e Literatura Galegas; Dra. Laura Sánchez Piñón, catedrática de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela e María López Sandez, profesora Didáctica Lingua e Literatura USC.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16875791549683