A recuperación das terras na Aldea Modelo de Bustelo de Fisteus contou cun investimento de 157.000 euros

RibeiraSacraXa
Estas actuacións tiveron como obxectivo a posta en marcha dunha explotación de gando porcino en extensivo
Explotación de gando porcino en extensivo da Aldea Modelo de Bustelo de Fiestus
Explotación de gando porcino en extensivo da Aldea Modelo de Bustelo de Fiestus.png
13 Dec 2024

A aldea modelo de Bustelo de Fisteus conta cunha explotación de gando porcino en extensivo posta en marcha recentemente. A Xefa Territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, Olga Fontal, achegouse ata a aldea modelo, onde xunto co alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, visitaron esta explotación.

A Xunta de Galicia encargouse da realización dos traballos de acondicionamento precisos para desenvolver esta actividade. Desde o Concello explican que construíuse un peche para delimitar o perímetro da aldea modelo e instaláronse comedeiros, bebedoiros e unha manga de curral. Instalouse, ademais, un pastor eléctrico solar recargable dous dormitorios construídos con madeira de piñeiro, co obxectivo de minimizar ao máximo posible o impacto que poden ter este tipo de construcións no entorno e na paisaxe. Para executar estes traballos investíronse algo máis de 157.000 euros.

Bustelo de Fisteus obtivo no mes de maio de 2021 a categoría de aldea modelo pola Xunta de Galicia. Esta figura ten por obxectivo poñer en produción, de maneira sostible, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e a redución do risco de incendios.

Cumprindo esta premisa, sinalan desde o Concello, no ano 2022 rozouse o seu entorno, una superficie de máis de 12 hectáreas que se encontraba en desuso e chea de maleza. A administración costea nestes lugares rozas de terreos a monte a cambio, de que os veciños se comprometesen a ceder ou arrendar as súas fincas para actividades agrogandeiras durante un mínimo de tempo.

A Consellería de Medio Rural apostou en Bustelo de Fisteus polo aproveitamento sostible de castiñeiros para froito con gando, polo uso mixto de árbores froiteiras con gando en extensivo e por cultivos agrícolas e gandería tamén en extensivo.
Pero as melloras non só se centraron nas terras. Tamén se aprobaron actuacións de mellora no sistema de saneamento e traballouse na fonte e na súa contorna, na aira e no sistema público de alumeado.

0.17280387878418