A Pobra do Brollón retoma os talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

RibeiraSacraXa
A actividade desenvolverase todos os mércores pola tarde na Biblioteca municipal con inscrición previa
obradoiro-encolóxico-A-Pobra-do-Brollón
8 Jan 2026

A Pobra do Brollón volverá acoller os talleres de manualidades dirixidos a pacientes oncolóxicos e aos seus familiares, unha iniciativa que se retomará nas vindeiras semanas coa finalidade de ofrecer un espazo de apoio, convivencia e creatividade. As sesións celebraranse todos os mércores en horario de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca municipal.

Para poder participar nestes talleres é necesario realizar unha inscrición previa, que pode formalizarse a través dos teléfonos 651043792 ou 900100036, así como mediante o correo electrónico lugo@contraelcancer.es
. Desde a organización informan tamén de que, durante o horario no que se desenvolvan os talleres, a Biblioteca municipal permanecerá pechada ao público xeral.

A actividade está organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Lugo e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, que apoia esta iniciativa de carácter social orientada a mellorar o benestar emocional das persoas afectadas polo cancro e do seu entorno máis próximo.

⚙ Configurar cookies
0.083874940872192