A Pobra do Brollón celebrará a 13ª edición dos Cantos de Taberna o 6 de decembro

RibeiraSacraXa
O prazo para participar como agrupación xa está aberto na Biblioteca municipal
Cantos-de-Taberna-A-Pobra-do-Brollón-4
13 Nov 2025

O sábado 6 de decembro celebrarase a 13ª edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, unha festa musical que reúne a diversas agrupacións para ofrecer unha noite de música e tradición.

Na edición anterior participaron doce agrupacións procedentes da Pobra do Brollón e doutros municipios da bisbarra, así como un total de seis establecementos do municipio.

Para a nova edición, os interesados en participar deben contactar coa Biblioteca municipal chamando ao 982 430 546 antes do 19 de novembro, en horario de 10:30 a 13:30 horas. A inscrición, explican dende a organización será por estrita orde de anotación.

⚙ Configurar cookies
0.069156169891357