A Pobra do Brollón celebra esta noite unha gran Festa de Aninovo

RibeiraSacraXa
Será despois das campás na Casa da Cultura e estará amenizada polo Dúo Eclipse
fin-de-ano-brollon
31 Dec 2025

O Concello da Pobra do Brollón convida a toda a veciñanza a sumarse á celebración da entrada ao 2026 cunha festa que terá lugar na Casa da Cultura.

Tras as campás da medianoite, os asistentes poderán brindar xuntos e gozar de boa música para bailar da man do Dúo Eclipse.

Dende o Concello animan a toda a poboación a despedir o 2025 nun ambiente festivo e musical, compartindo ledicia e bos momentos para comezar o novo ano.

0.079617977142334