A Pobra do Brollón acolleu a segunda xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe ‘Montes de Saberes’
O pasado 21 de maio tivo lugar a segunda xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe ‘Montes de Saberes’ na Pobra do Brollón no marco do proxecto Comunidades de Aprendizaxe Rurais Sostibles de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.
Estiveron na xornada o colectivo de emprendedores La Brava, mocidade con moitas ganas de achegar e traballar no rural desde a súa experiencia e coñecemento da comarca de Lemos; Javier Mariño da empresa de servizos de xestión, enxeñería e asesoría ambiental Cerna; Antonio Mota, da asesoría forestal Graña, e Francisco J. Dominguez, resinero e formador.
Desde a organización do evento din que "quedou en evidencia a necesidade das Comunidades de montes de unir forzas para solucionar o despoboamento que vén sufrindo o territorio e que se transformen no vehículo que xere ingresos económicos mediante unha xestión adecuada de recursos que permita ofrecer á súa poboación a posibilidade de establecerse de maneira continuada".
Así, expuxéronse os desafíos que hai por diante coa mentalidade positiva de buscar solucións que fomenten a súa rexeneración. Puidemos coñecer de primeira man a lexislación e normativas necesarias para a súa correcta xestión e tomar conciencia do valor de saber tomar exemplo de Comunidades de montes exitosas que conseguiron florecer e contratar persoas que xestionen os seus montes, fixando poboación e emprendemento desde a multifuncionalidad dos seus recursos.
E tamén se presentou a posibilidade de realizar formación de resinero como opción profesional rural, dado que a resina é un produto moi demandado actualmente e que ten moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento nesta zona.