A Pobra do Brollón acolle este venres a presentación do libro ‘A marcha de Anxo'
RibeiraSacraXa
O escritor Pablo Veiga achegarase este venres para dar a coñecer a súa nova obra, unha reflexión a través dos ollos dun neno
2 Jan 2025
No marco das actividades de Nadal na Guimaralia, este venres ás 20:15 terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ a presentación do libro' A marcha de Anxo', do autor Pablo Veiga.
Trátase dunha novela curta que aborda, a través da mirada dun neno de 9 anos, as consecuencias emocionais e sociais de deixar o fogar e a vila natal para adaptarse a un lugar novo e descoñecido.
Pablo Veiga, escritor e traballador social, estará presente no acto para compartir detalles sobre a obra e o proceso de creación. A actividade promete ser un punto de encontro para reflexionar sobre o impacto dos cambios vitais dende unha perspectiva intimista.