A Pobra do Brollón acolle este sábado unha visita arqueolóxica ao xacemento Penas do Castelo
RibeiraSacraXa
A visita sairá desde Salcedo guiada pola arqueóloga Nerea Vilariño e a restauradora Alba Losada

11 Sep 2025
Este sábado, a arqueóloga Nerea Vilariño e a restauradora Alba Losada ofrecerán unha visita guiada aos traballos realizados este verán no xacemento Penas do Castelo, situado en A Pobra do Brollón. Os asistentes poderán coñecer de primeira man as novidades deste misterioso enclave, ubicado sobre o río Lor, no monte de Salcedo.
A actividade comezará fronte ao local multiusos de Salcedo, desde onde os participantes percorrerán aproximadamente 2 quilómetros ata chegar ao xacemento. A cita é ás 11:00 horas.