A Pobra de Trives bate récords de doazón de sangue na provincia de Ourense

RibeiraSacraXa
O municipio rexistrou en 2024 126 doazóns de sangue e sitúase 25 puntos por riba da media galega
Imaxe dun autobús de doazóns de sangue
10 Sep 2025

O Concello de A Pobra de Trives destacou en 2024 polo seu compromiso coa solidariedade ao rexistrar 126 doazóns de sangue, alcanzando a taxa máis alta da provincia de Ourense, con 64 doazóns por cada 1.000 habitantes, 25 puntos por riba da media galega.

Esta semana a unidade móbil de ADOS Galicia instalouse na rúa San Martiño dentro da campaña “Non esquezas doar antes de veranear”, lembrando á cidadanía que doar sangue é sinxelo, solidario e só require uns 15 minutos. Cada doazón conta e cada xesto salva vidas, e o exemplo de Trives evidencia que a solidariedade forma parte do día a día da súa veciñanza.

O Concello agradeceu a participación da cidadanía e animou a seguir mantendo esta tradición solidaria, que sitúa Trives como un referente na provincia en materia de doazóns de sangue.

⚙ Configurar cookies
0.16452193260193